martes, 25 de setembro de 2018

Curso 2018-2019

POESIA PARA A BIBLIOTECA


Gústanos visitar 
a biblioteca escolar:
ten moitos libros
e maxia nos recunchos!.

Camiñan persoaxes
encantados e hai
nos seus andeis
feitizos e bruxería.

Vive sobre a mesa
Filomena, a princesa,
que, farta de cerimonia,
pasou a explorar a Amazonia.

Preto do ordenador,
o pirata Nicanor
atopa un fermoso libro.
Hai tesouro mais valioso?.

Na pata dunha cadeira
a bruxa de mentira
fai dun mestre un sapo
e encanta a destro e sinestro.

Brinca e salta a fada Hilaria
xunto á bibliotecaria;
mais coma é pequeñita,
non pode coa variña.

Un dragón feito e dereito
baixa voando do teito
e fai unha pizza, feliz,
con chamas do seu nariz.

Na biblioteca hai diversión,
aventura e emoción;
e, lectores e lectoras,
pasan voando as horas!

Traducción da poesía de Carmen Gil(www.poemitas.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.