martes, 17 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, que foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1999.

Desde as escolas, desde a sociedade, desde as familias debemos seguir traballando para que a igualdade entre homes e mulleres acabe con toda a violencia que están a sufrir as mulleres de todo o mundo.

Pensemos non ter que celebrar un día como éste.

Pensemos que os nenos e nenas se relacionasen sen diferenza de sexo.

Pensemos que os homes e mulleres falaran para solucionar os seus problemas, como facemos na escola.

Pensemos que ninguén usase a súa forza contra as mulleres para conseguir ó que desexa.

Gustaríanos que o vindeiro 25 de novembro do 2021 os homes e mulleres atopasen un entendemento e non volvese a ver máis vítimas. 

Deíxovos uns contos que axudarán a pensar sobre o tema, primeiro UNHA FELIZ CATÁSTROFE  publicado pola editorial Kalandraka.



Aquí os deixo tamén o conto de ROSA CARAMELO, de Adela Turín, que de seguro váinos facer reflexionar un pouquiño.



Deíxovos tamén un conto narrado por un neno. Cousas así nos fan pensar e reflexionar moito. O conto titúlase: EL MALTRATO SUTIL.



Aquí vai outro conto moi fermoso: A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
 

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.